Sunday, November 27, 2016

O galego non para

Tínxesenos o corazón de azul con este reto do manequín do IES Chapela e comezamos xa a maquinar como facer algo por estes lares... permanecede atentos/as!!



Friday, October 28, 2016

Enredos de outubro

Xa estamos de volta! Máis un ano o EDL do IES Milladoiro comeza con alegría e moitas ganas de promocionar a lingua na que vivimos!
E no tempo das castañas e as cabazas, o que toca é celebrar, como se leva facendo con grande tradición en Galicia, a fin do verán, a decadencia das colleitas e a chegada de máis horas de escuridade, decorando cabazas e brincando coa idea de que os/as defuntos/as voltan á vida...
Organizamos unha sesión terrorífica na Bibliotaca do centro, para o alumnado de primeiro da ESO cunha programación variada: proxección de curtas, teatro e lectura de contos de medo.
Aquí tedes as fotos do evento:
<a data-flickr-embed="true" data-header="true"  href="https://www.flickr.com/gp/144543357@N08/201B90" title="Samaín 2016"><img src="https://c2.staticflickr.com/6/5566/30623483865_da7813d4db_z.jpg" width="640" height="640" alt="Samaín 2016"></a><script async src="//embedr.flickr.com/assets/client-code.js" charset="utf-8"></script>
E aquí as curtas que proxectamos por se alguén quere repetir!


Que teñades terroríficos pesadelos!!

Thursday, June 9, 2016

Crónica dos enredos de Maio

"Maio chuvioso, verán caloroso"

No mes de Maio, estivemos moi atarefadas organizando a grande Festa das letras mais antes diso, tivemos tempo a colaborar nun encontro de Regueifas que tivo lugar o 3 de Maio no edificio Cersia, en Santiago de Compostela. 

O evento, Regueifesta (que vén de ser premiado pola Consellería de Educación pola innovación lingüística), congregou a centros de Baio, Vila de Cruces, Santiago de Compostela, Burela e Milladoiro alén de alumnos e alumnas do País Vasco. Foi un encontro onde a improvisación oral e a música foron o eixo dunha festa que uniu dous pobos unidos polo verso.




O 13 de Maio tivo lugar en Compostela o encontro entre centros Correlingua 2016, unha andaina que máis unha vez nos reuniu a todos e todas para celebrar a nosa ledicia de vivir en galego. Para mostra un botón!




Tuesday, May 24, 2016

Crónica dos enredos de Abril

"Entre marzo e abril, o cuco ha de vir"

Chegou Abril ao Milladoiro, e foi por fin o encontro do Clube de Debate. O noso IES participou por segundo ano consecutivo. Este ano foron alumnos de 1º de Bacharelato os que nos representaron no encontro que tivo lugar en Negreira o díaDebatíase sobre se o sector primario en Galicia ten ou non futuro... case nada! E como sempre que se debate, non hai gañadores/as nin vencidos/as: hai un feixe de ideas, de dúbidas, de novidades, de puntos de vista que nos enriquecen. E así de enriquecidos/as voltaron os/as representantes de Milladoiro.

Este mes tamén tivo lugar unha actividade organizada polo EDL conxuntamente co Departamento de Ciencias da Natureza. Visitounos unha representante da asociación Jane Goodall para falarnos sobre o coltán,, un mineral imprescindible nos dispositivos electrónicos que se extrae en dubidosas condicións éticas e medioambientais na República Democrática do Congo.Dende o IES do Milladoiro non queremos formar parte deste comercio que causa guerras e colaboramos coa compaña a dous niveis: creando un voluntariado no IES que conciencie a alumnado, profesorado e familias da importancia de reciclar os teléfonos móbiles e, por outra parte, poñendo un punto de recollida de teléfonos móbiles.Os beneficios desta campaña reverten en melloras sociais e medioambientais na República do Congo.Podedes obter máis información no enderezo http://oma.webs.uvigo.es/document/Dossier_Movilizate_Gallego_v11.pdf

Seguiremos informando pois andamos a enredar nun festón para Maio!

Saturday, April 9, 2016

Crónica dos enredos de Marzo

O 8 de Marzo celebramos o día da Muller no IES cun pequeno xogo de pistas: 8 Mulleres para o 8 de Marzo. Durante as dúas semanas previas, cada día liberábase o cartaz correspondente a unha muller relevante nalgún eido (matemáticas, deporte, escrita...). Nese cartaz, aparecía un retrato da muller xunto cunha foto dalgún fito relevante da súa vida, e tratábase de que o alumnado pescurdara o nome e o motivo da exclusión desa muller na súa época.

As persoas que escollimos neste ano, propostas polos departamentos do centro, foron:

- María Balteira (S.XIII), a máis coñecidas das soldadeiras da época medieval
Katherine Switzer, (1947)a primeira muller en completar de xeito oficial unha maratón
María Wonenburguer (1927-2014), destacada matemática galega
Dian Fossey (1932-1985), zoóloga moi relevante na defensa animal
Fernán Caballero (1796-1877), pseudónimo masculino empregado por unha grande escritora para dar a coñecer as súas obras
- María Montessori (1870-1952), revolucionaria pedagoga 
Cécile Chaminade (1857-1944), compositora francesa, a primeira muller que conseguiu vivir do seu traballo
- Ada Lovelace (1815-1852), escritora e matemática británica

Grazas a todo o alumnado participante, deixámosvos coas gañadoras, Andrea Santos e Carmen Lago, de 3º da ESO. Parabéns!!