Tuesday, May 24, 2016

Crónica dos enredos de Abril

"Entre marzo e abril, o cuco ha de vir"

Chegou Abril ao Milladoiro, e foi por fin o encontro do Clube de Debate. O noso IES participou por segundo ano consecutivo. Este ano foron alumnos de 1º de Bacharelato os que nos representaron no encontro que tivo lugar en Negreira o díaDebatíase sobre se o sector primario en Galicia ten ou non futuro... case nada! E como sempre que se debate, non hai gañadores/as nin vencidos/as: hai un feixe de ideas, de dúbidas, de novidades, de puntos de vista que nos enriquecen. E así de enriquecidos/as voltaron os/as representantes de Milladoiro.

Este mes tamén tivo lugar unha actividade organizada polo EDL conxuntamente co Departamento de Ciencias da Natureza. Visitounos unha representante da asociación Jane Goodall para falarnos sobre o coltán,, un mineral imprescindible nos dispositivos electrónicos que se extrae en dubidosas condicións éticas e medioambientais na República Democrática do Congo.Dende o IES do Milladoiro non queremos formar parte deste comercio que causa guerras e colaboramos coa compaña a dous niveis: creando un voluntariado no IES que conciencie a alumnado, profesorado e familias da importancia de reciclar os teléfonos móbiles e, por outra parte, poñendo un punto de recollida de teléfonos móbiles.Os beneficios desta campaña reverten en melloras sociais e medioambientais na República do Congo.Podedes obter máis información no enderezo http://oma.webs.uvigo.es/document/Dossier_Movilizate_Gallego_v11.pdf

Seguiremos informando pois andamos a enredar nun festón para Maio!

No comments:

Post a Comment