Showing posts with label regueifa. Show all posts
Showing posts with label regueifa. Show all posts

Thursday, June 9, 2016

Crónica dos enredos de Maio

"Maio chuvioso, verán caloroso"

No mes de Maio, estivemos moi atarefadas organizando a grande Festa das letras mais antes diso, tivemos tempo a colaborar nun encontro de Regueifas que tivo lugar o 3 de Maio no edificio Cersia, en Santiago de Compostela. 

O evento, Regueifesta (que vén de ser premiado pola Consellería de Educación pola innovación lingüística), congregou a centros de Baio, Vila de Cruces, Santiago de Compostela, Burela e Milladoiro alén de alumnos e alumnas do País Vasco. Foi un encontro onde a improvisación oral e a música foron o eixo dunha festa que uniu dous pobos unidos polo verso.




O 13 de Maio tivo lugar en Compostela o encontro entre centros Correlingua 2016, unha andaina que máis unha vez nos reuniu a todos e todas para celebrar a nosa ledicia de vivir en galego. Para mostra un botón!