Saturday, April 9, 2016

Crónica dos enredos de Marzo

O 8 de Marzo celebramos o día da Muller no IES cun pequeno xogo de pistas: 8 Mulleres para o 8 de Marzo. Durante as dúas semanas previas, cada día liberábase o cartaz correspondente a unha muller relevante nalgún eido (matemáticas, deporte, escrita...). Nese cartaz, aparecía un retrato da muller xunto cunha foto dalgún fito relevante da súa vida, e tratábase de que o alumnado pescurdara o nome e o motivo da exclusión desa muller na súa época.

As persoas que escollimos neste ano, propostas polos departamentos do centro, foron:

- María Balteira (S.XIII), a máis coñecidas das soldadeiras da época medieval
Katherine Switzer, (1947)a primeira muller en completar de xeito oficial unha maratón
María Wonenburguer (1927-2014), destacada matemática galega
Dian Fossey (1932-1985), zoóloga moi relevante na defensa animal
Fernán Caballero (1796-1877), pseudónimo masculino empregado por unha grande escritora para dar a coñecer as súas obras
- María Montessori (1870-1952), revolucionaria pedagoga 
Cécile Chaminade (1857-1944), compositora francesa, a primeira muller que conseguiu vivir do seu traballo
- Ada Lovelace (1815-1852), escritora e matemática británica

Grazas a todo o alumnado participante, deixámosvos coas gañadoras, Andrea Santos e Carmen Lago, de 3º da ESO. Parabéns!!


No comments:

Post a Comment